As aulas Teatrais de Cabaleiro Errante están orientadas a formar ao alumnado na especialidade teatral de Commedia del’Arte. Este estilo teatral de orixe Italiana ten os seus inicios históricos no renacemento. Nel trabállase a partir da fisicidade das personaxes e a composición a través da improvisación. Este estilo de personaxes enmascaradas permite traballar de forma transversal todos os elementos básicos das ferramentas interpretativas dun xeito lúdico.
Ofrécense aulas regulares grupais.





Aquí podedes ver un exemplo de contido do programa dunha aula regular:
Fundamentos base da interpretación escénica
- Estudo da personaxe: construción e caracterización escénica.
- Desenvolvemento do corpo na escena.
- Voz: achegamento á expresión escénica.
Achegamento a dramaturxia do intérprete
- A improvisación como ferramenta construtora.
- O conflito como motor da acción.
- A relación entre personaxes como desenvolvemento da trama.
Descuberta das habilidades multidisciplinares
- Dentro da realidade teatral, hai moitas pequenas habilidades que son complementarias e que se traballarán de maneira transversal durante o obradoiro. Entre elas: esgrima, acrobacia, malabares, música, etc.
Currículo específico
Titulacións
- Título Superior de Interpretación, especialidade textual (2016)
- Título Superior de Dirección e Dramaturxia, especialidade Dirección escénica (2020)
Formación
- Maschere di commedia dell’arte con Carlo Bosso, Padova (Italia), 2018
- Iniciación a la commedia dell’arte con Adriano Iurissevich, Vigo, 2019
Experiencia
- Actividades de nadal Aquelando para menores: Commedia dell’Arte (2022)
- X Festival di Comed’arte, Viterbo, 2019 (Ludíka 1243 XIX Edizione)
- Curso: Il teatro di basse no CCR Peitieiros (2017)
- Prácticas de Pedagoxía Teatral no IES Pino Manso (Curso 2016 2017)
- XVI Festival Manicómicos, 2016
- Festival Padova Fringe Festival VII Giornata Mondiale della Commedia dell’ Arte, 2016
- Festival Padova Fringe Festival VI Giornata Mondiale della Commedia dell’ Arte, 2015
- Finalista dos premios Xuventude Crea 2015 (obra: A tres niveis)
Para saber mais
Contacta comigo
Escrebe ou chama pedindo mais información, prezos e disponibilidade de datas e horarios.