Aldán Dacosta
Título superior equivalente a grao tanto en Interpretación textual como en Dirección escénica e Dramaturxia expedido pola ESAD de Galicia.
Participei como actor e director en diversas montaxes teatrais e audiovisuais, sendo as máis sinaladas as xiras feitas por Italia dende o 2015 até 2019 traballando nun estilo de teatro renacentista coñecido como Commedia dell’Arte.
Ademais participo nunha formación constante en artes marciais históricas europeas (HEMA) dende o 2016 ata a actualidade na Sala Viguesa de Esgrima Antiga (SVEA) e na sala compostelá Arte do Combate (AdC).
Cabaleiro Errante
Recentemente puxen en marcha un proxecto de apoio as HEMA galegas chamado Cabaleiro Errante, co obxectivo de difundir este feito cultural e deportivo así como colaborar e ofrecer servizos para as diferentes salas e axentes do territorio galego.
Dentro deste proxecto desenvolvo unha investigación especializada en esgrima escénica titulada A Arte Nova de Facer Esgrima que conta xa con múltiples publicacións no meu Patreon.
Comezando a actividade en xaneiro do 2022 xa me atopo establecendo colaboracións con entidades como Suévia recreación histórica, Arte do Combate e a Sala Viguesa de Esgrima Antiga.
A maiores disto tamén fun convidado a presentar A Arte Nova de Facer Esgrima na celebración do día do teatro da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) o 25 de marzo de 2022.
Currículo detallado
Titulacións
- Título Superior de Interpretación, especialidade textual (2016)
- Título Superior de Dirección e Dramaturxia, especialidade Dirección escénica (2020)
- Especialista en esgrima histórica (Sala Viguesa de Esgrima Antiga)
- Cinturon negro 2ºDan da Real Federación Española de Esgrima
Formación
- Obradoiro de esgrima escénica con Ton Puey, Santiago de Compostela, 2015
- Maschere di commedia dell’arte con Carlo Bosso, Padova (Italia), 2018
- Iniciación a la commedia dell’arte con Adriano Iurissevich, Vigo, 2019
- Artes marciais históricas europeas na Sala Viguesa de Esgrima Antiga, 2016 Actualidade
- Artes marciais históricas europeas en Arte do Combate, 2021 Actualidade
Experiencia
- Aulas de HEMA para menores en Compostela (2022Actualidade)
- Actividades de nadal Aquelando para menores: Esgrima (2022)
- Actividades de nadal Aquelando para menores: Commedia dell’Arte (2022)
- Curso de introdución ao estilo de Fiore (SVEA 2022)
- Historia da lanza o longo dos séculos (SVEA 2022)
- Introdución ao corpo a corpo “xogos e abrazos” (SVEA 2022)
- Introdución ao Messer (SVEA 2022)
- A daga de rondel e a biomecánica (SVEA 2022)
- X Festival di Comed’arte, Viterbo, 2019 (Ludíka 1243 XIX Edizione)
- Curso: integración esgrimainterpretación coa agrupación Gastrafetes (2019)
- Curso: Introdución á Esgrima escénica coa AESAD (2019)
- Curso: Introdución á Esgrima escénica coa AESAD (2018)
- Curso: Il teatro di basse no CCR Peitieiros (2017)
- Prácticas de Pedagoxía Teatral no IES Pino Manso (Curso 2016 2017)
- XVI Festival Manicómicos, 2016
- Festival Padova Fringe Festival VII Giornata Mondiale della Commedia dell’ Arte, 2016
- Festival Padova Fringe Festival VI Giornata Mondiale della Commedia dell’ Arte, 2015
- Finalista dos premios Xuventude Crea 2015 (obra: A tres niveis)
Para saber mais
Contacta comigo
Escrebe ou chama pedindo mais información, prezos e disponibilidade de datas e horarios.