Concevir unha escena de EE ten certa complexidade. Ser capaz de establecer o dialgo das follas cunha coherencia interna que axude a trama e proveña das personaxes ten certos requisitos. O resume destes requisitos sería que todos os participantes da EE tanto os intérpretes coma quen monta a escena teñan coñecementos avanzados en esgrima. E un destes coñecementos mais complexos, e que quen deseñe e monte a escena debe comprender e manexar, é o da iniciativa e a acción de combate.
Que é a iniciativa? A iniciativa é o que vai marcar quen leva a acción. O primeiro en actuar é o que toma a iniciativa, e polo tanto a acción correspondelle. Pero isto é sempre asi? Imaxinemos o seguinte:
A e B enfrentanse en duelo. A ataca primeiro, polo que podemos determinar que A ten a iniciativa. É mais, A ten a conciencia de levar a iniciativa. Pero resulta que B estaba agardando xustamente que A tomase a iniciativa e esta listo para responder, e nun so movemento remata o combate.
1 | 2 | |
A | Ataque | |
B | Parada-ataque (Contraataque) | Fire |
Como pode ser? A iniciativa certamente correspondialle a A, mais estaba sendo cedida por B quen estaba agardando a que sucedera xusto iso. Esta situación responde a unha analise dentro da esgrima que podemos utilizar para confeccionar as nosas escenas.
Como sempre, devemos lembrar que cada estilo de combate vai ter unha filosofía propia, e non podemos, nin debemos en honor da “biodiversidade”, establecer un sistema hexemonico que unifique os estilos. Neste caso en concreto imos votar man das Kuns des Fechtens.
En aleman medieval hai tres palabras que analizan os momentos temporais da acción. Para comezar temos o Vor (antes) e o Nach (despois). Estrictamente o Vor é todo o que sucede antes de que o teu opoñente actue e que precise dunha resposta do teu rival, asi que sempre que actues antes ca el estaras gañando o Vor, a iniciativa. O Nach, en contraposición, é o que sucede despois de que actue o teu opoñente. Imaxinemos o seguinte:
A gaña o Vor. B para no Nach. Fantastico, B sobreviviu ao golpe, pero o problema é que como esta actuando no Nach A sigue tendo a disposición do Vor, e polo tanto seguira atacando. B necesita recuperar o Vor para levar a iniciativa, pero como o fai?
1 | 2 | |
A | Ataque (Vor) | …(Vor) |
B | Parada (Nach) | …(Nach) |
O terceiro termo que non mencionei é o Indes (durante ou dentro de). O Indes sucede entre o Vor e o Nach. Aproveitar o indes é coller ao teu rival no medio do movemento. Se non es capaz de gañar o Vor tes que intentar atacar no Indes para recuperar así a iniciativa da acción e levar ti o Vor do combate. Isto é o que sucede no primeiro exemplo, vexámolo agora con terminoloxía:
A e B enfrentanse en duelo. A ataca no Vor, pero resulta que B ataca no Indes e nun so movemento remata o combate.
1 | 2 | |
A | “Ataque” (Vor) | |
B | “Contraataque” (Indes) | Fire |
Por suposto que te ataquen en Indes non vai a facer que perdas o combate irremediablemente pero dache moitas papeletas. Pero por que é importante mencionar isto? E moi habitual ver escenas de EE que se basan no ataque, parada, resposta, parada, resposta, parada, resposta, etc. Pero resulta que o raro nun combate é facer paradas puras. Normalmente as accións son ataques en Vor e ataques en Indes a ese Vor coa intencion de superalo ou gañar o Vor. É moi extraño ver unha parada xa que parar un ataque significa traballar no Nach e seguir cedendo o Vor.
Visualizar o concepto de Vor, Indes e Nach é complexo se nunca se experimentou en persoa, e ademais tamen se ve modificado polos momentos espacias que son o Zufechten, Krieg e Abzug.
Por que son importantes os momentos espaciais? Se comezamos a usar os conceptos temporais imos solucionar parte da problematica da coreografia, aínda que tamen podemos ataparnos na dualidade Vor-Indes ata o infinito. Pero se incluimos os conceptos espacias a cousa cambia.
Zufechten fai referencia ao achegamento inicial e as follas libres, as follas sen contacto. Mentres que Krieg sucede cando as follas chocan e entran en contacto. En ambas as dúas situacións podemos, e debemos, aplicar técnicas diferentes, existindo a maioria delas en específico para cada momento. O mesmo sucede co Abzug, que fai referencia a retirada cunha acción ofensiva pero saindo sempre de forma segura. Poderiamos definir estes termos espaciais tamen como entrada, contacto e saida.
Desta maneira temos un sistema de bloques mais complexo que nos vai a axudar a estructurar e concevir mellor a ecuencia de combate:
Zufechten | Krieg | Azug | |
A | |||
B |
Con estes tres termos compoñemos o corpus da frase de armas. A frase de armas é aquel conxunto de accións que comeza no Zufechten (No momento en que hai distancia para acción efectiva, no primeiro achegamento) e remata no Azug (Cando os actantes se alonxan, xa sexa para volver a comezar ou por que rematan o combate). Unha frase de armas xa pode compoñer unha coreografía, pero é habitual que esté composta de varias frases.
Dentro de cada frase, cada columna constitue un tempo de esgrima, o cal se corresponderia cun segundo real (aproximadamente). Se o conxunto destas columnas é a frase de armas, cada columna poderiamos considerala unha palabra de armas. A frase de armas pode ter unha variación en numero de palabras. Polo xeral estas poden variar de tres a cinco (Repetindo o Zufechten e o Krieg):
-Tres palabras:
Zufechten | Krieg | Azug | |
A | |||
B |
-Cinco palabras:
Zufechten | Zufechten | Krieg | Krieg | Azug | |
A | |||||
B |
Se a frase de armas ten menos de unha palabra (Por exemplo, só se compon de Zufechten) deberase a que quen executa a acción gaña inmediatamente a frase de armas (xa sexa por ferida do opoñente, rendicion, etc). En cambio se a frase de armas ten mais de cinco palabras comezamos a correr o risco de que se rompa a lóxica do combate e perdamos coherencia na escena. Mais, ainda asi, calquera das duas posivilidades serian factibles.
Dentro de cada palabra se sucede unha acción por cada actante. A e B actuan no Zufechten, mais esa acción é practicamente simultanea. Estas accións podemos denominalas sílabas de armas, seguindo coa analoxia.
A orde destas sílabas vainas marcar, como xa vimos, o Vor, Indes e Nach. Sendo o Vor a sílaba de quen inicia a palabra, o Indes a sílaba de quen intenta recuperar o Vor (o consiga ou non) e o Nach a sílaba de quen cede a palabra.
O seguinte que temos que ter en conta é a natureza de Vor, Indes e Nach. Vor e Indes son unha pugna polo control da acción, e neste terreno imos atopar maiormente accións ofensivas. Polo xeral Indes sempre vai a ser unha acción que rompa o ataque de Vor. Mentres que Nach é unha resposta a Vor, polo tanto nel non se suceden ataques, se non paradas a través das Hutten, e dicir, das gardas. Desta maneira, a través das definicións Vor, Indes e Nach podemos especificar a temporalidade da acción en cada momento.
Todas estas palabras podemos traducilas para que sexan mais asequibles a hora de traballar e de comunicarnos. Estas traduccións non se van corresponder coa traucción ortodoxa da palabra, se non co uso comunicativo que mais se adecue ao noso sistema. As traduccións serian as seguintes:
- Vor- Ataque
- Indes- Interrupción
- Nach- Resposta
- Zufechten- Achegamento
- Krieg- Contacto
- Azug- Retirada ou Ringen (R.R.)
Un exemplo de secuencia escénica seguindo este esquema seria o seguinte.
Achegamento | Contacto | R.R. | |
A | (Ataque) Tallo | (Resposta) Krom | |
B | (Interrupción) Zorn | (Ataque) Estocada | (Ataque) Hende Drucken e fire |
Nesta secuencia A ataca cun tallo que B interrumpe cun Zornhau para responder cunha estocada ascendente (Esta é unha das Stuke, técnicas, do Zornhau, o Zorn-Ort). Se nos paramos a pensalo, duas accións de achegamento son as máximas que se poden dar antes de entrar no apartado de contacto. Na fase de contacto deste exemplo A responde a estocada de B levantando a cruz da espada para afastar a punta, e polo tanto subindo as mans. Isto permítelle a B retirar a lámina e contestar cun control as mans de A mentres corta, para logo retirarse con calma despois de ter ferido.
Podería darse o caso de que houbese tres accións de achegamento? Non. Logo da segunda acción de achegamento calquera acción que implique un maior acercamento ao rival activa a fase de Ringen, que é unha secuencia alternativa a Retirada. Toda frase de armas remata en Retirada ou Ringen. Isto tamén podería suceder nunha soa acción de achegamento. Se A e B se aproximan moito durante as fases de Achegamento, un dos dous podería rebasar a espada do contrario, saltanose asi a acción de contacto e entrando no Ringen. Cousa que podemos atopar noutros estilos de combate, como o de Fiore.
Cabe destacar que este suposto parte dunha inactividade de desprazamento por parte da persoa que posue o Nach. Esta suposición nace de dous factores. O primeiro é que as dúas persoas queren combatir, e polo tanto queren ferir ao rival. En caso contrario non se desenvolveria un combate. O segundo factor é que, cando queres xogar no Nach o mais eficiente e reacciónar sen afastarse, por que?
Traballar no Nach, e polo tanto estar a defensiva, non é en si unha decisión que nos leve a perder automanticamente. Dentro das Kunst des Fechtens aparece o concepto do Nachreisen que é o concepto de perseguir a ación do contrario e que nace do Nach. E dicir aproveitar o Vor do contrario para reaccionar nun segundo tempo. Este sería un xogo de parada resposta. O mais eficiente para isto é aproveitar a distancia do contrario. Se o noso rival se achega para atacarnos defendemonos no sitio, de xeito que a nosa resposta poida chegar dunha maneira moito mais sinxela sen ter que desprazarnos.
A través de todos estes termos podemos cartografar a coreografía dun xeito práctico e útil, que non so nos serve para recoller a coreografía por escrito, se non tamén para compoñela dentro dun panorama loxico.