Hoxe é catro de maio, e hai que celebralo como se merece. En 1977 chega a nos Star Wars, unha película que logo conoceríamos como o episodio número catro. Poderia falar de canto me gustou a min a saga, ou poderíamos falar de como esta evolucionou ou que implica. Pero a Guerra das Galaxias trouxo consigo un elemento flipante do cal, neste patreon, non podemos pasar sen falar. Espadas laser.
Espadas laser, sabres laser, sabres de luz… en inglés refírense a eles como Ligth Saber, e nunca atopei unha explicación material ou técnica para ningun dos termos empregados. Unha sospeita que teño e que se consolidase o termo Ligth Saber polo conxunto de técnicas utilizado nos episodios 1 a 3 para reflexar a esgrima nas películas, pero estoume adiantando. Imos ir paso por paso.
A esgrima dentro do universo Star Wars ten tres grandes fases, que coinciden cos tres grandes bloques de triloxías. Estas fases podemos dividilas en: Exploración ep. 4 a 6. Consolidación ep. 1 a 3. E Profundización ep. 7 a 9. Hoxe imos facer unha viaxe o longo destas fases para analizar por que suceden e a que se deben, aínda que non poderemos profuncizar moito no seu análise xa que iso levaríanos páxinas e páxinas.
Exploración 4 a 6:
A primeira vez que as espadas aparecen nas películas é no duelo entre Oviwan e Vader no episodio 4. Para este momento escolleuse unha tipoloxía de combate que moi posiblemente beba da espada ou do florete de esgrima deportiva. Isto podemos velo na garda estática que utiliza sobre todo Ovi Wan e en certos momentos de accións específicas que semellan recollidas directamente dos estilos mencionados. Neste momento as espadas láser acababan de nacer. Os seus creadores non coñecían o que tiñan entre mans nin o que implicaba e estaban iniciándose na exploración do elemento.
Cando creas unha ferramenta nova hai moitas preguntas as que contestar sobre o seu uso e funcionamento. Para isto o que nos axuda son os referentes. O problema está en que, que referentes escolles en 1977 para unhas espadas de enerxía?
A exploración continuou. Así vemos como no episodio 5 Luke e Vader enfróntanse dunha maneira mais dinámica entre eles. Agora o estilo é recollido do sabre deportivo, como queda explícito na coreografía que fan, sobre todo nas paradas e defensas da mesma. Conseguen un estilo mais vivo e dinámico na espada, pero seguen estando moi estáticos a hora de realizar a coreografía. Aínda así percíbese a exploración. É interesante como conciben a coreografía, xa que nun momento Vader di “Obi Wan ensinoute ben” pero se nos fixamos non so nolo di Vader, senón que Luke, ao inicio do combate, está pelexando da maneira que o fai Obi Wan no episodio 4.
Finalmente chegamos ao enfrontamento entre Luke e Vader no episodio 6. Neste caso segue estando presente o sabre deportivo pero xa evolucionaron no tocante ao estatismo. Agora a coreografía desprázase polo espazo, cambiando de lugar e xogando co entorno. Estes desprazamentos aínda son algo bruscos, pero o estilo de combate comeza a estar claro. En canto a forma de esgrimir podemos percibir que para esta película xa atoparon unha fórmula, e nesta prima mais a emoción das personaxes que a técnica a hora de esgrimir.
En definitiva podemos falar que a fase de exploración caracterízase por escoller as tipoloxías deportivas, un desprazamento reducido e unha supremacía da emoción sobre a técnica.
Consolidación 1 a 3:
A fase de consolidación non ten tantas diferencias de película a película. Hai unha preocupación maior para pola técnica, ata o punto de que non so recorren a novos estilos, neste caso orientais; se non que cada personaxe ten unha forma propia de esgrimir.
A día de hoxe nalgúns puntos do mundo hai xente amosando como esgrimir ao estilo Jedi dentro das sete formas coñecidas dentro do universo Star Wars. Moitas destas escolas realizan esta ensinanza a través da análise das películas. Que isto e poida facer é síntoma dunha calidade propia dos códigos utilizados.
Descoñezo os estilos exactos aos que recorren para construír a codificación da esgrima nos episodios 1 a 3, pero por outro lado queda claro que explotan o que no episodio 6 xa foron explorando.
O estilo de movemento volvese mais acrobático. A técnica mellora e ponse a altura do desprazamento. Construen unha linguaxe única para cada personaxe.
Todo este desplegue técnico que vemos nesta triloxía ten a súa carta de presentación, así como un dos maiores expoñentes, na personaxe de Darth Maul e as súas escenas no episodio 1, que é quen vai marcar o tono das coreografías para toda esta parte da saga.
Incluso, a lóxica do combate está tan lograda nalgúns momentos que dende a HEMA podemos reinterpretar algunhas accións e entendelas dende o noso estilo de traballo.
Profundización 7 a 9:
Neste punto é onde aparece a última triloxía e lle da o toque final as coreografías de Star Wars. O estilo de combate volvese mais profundo. Filtran gran parte das acrobacias para establecer unha acción mais coherente. Volven as grandes emocións as coreografías, sen que agora o nivel técnico se vexa afectado. Esta última fase marca a madurez da esgrima en Star Wars.
É interesante que resolven algunhas dúbidas, ou polo menos iso semella. Nesta proposta da a sensación de que cando as espadas chocan as láminas acóplanse, e que non van a deslizar un fio sobre o outro, senón que para realizar unha acción primeiro tes que desenganchar a espada.
Por outro lado, agora parece que as espadas teñen máis peso. Que obviamente o elemento real que manexan os intérpretes ten peso, pero isto é algo estraño, xa que nas espadas o único que debería pesar é o mango, e isto modificaría completamente o estilo de combate.
Aínda así, notase que hai un esforzo por afondar no elemento e nas decisións históricas sobre a composición coreográfica na saga.
Como nota final, segue estando presente a importancia da transmisión do estilo entre personaxes. Mestre — aprendiz… e… Pais – fillos. Queredes comprobalo? Mirade como inicia os combates Darth Sidius e como os comeza Rey… Bon, xa volo digo eu. De estocada dende unha garda de chave. A relación entre estas dúas personaxes xa nola estaban indicando no episodio 7 a través da esgrima. E isto é un dato importantísimo que temos que ter en conta para avaliar a validez da esgrima como un elemento de significación escénico.
PD: Tendo en conta o punto actual onde estamos agora uns fans fixeron unha curta remodelando o primeiro combate do episodio 4, déixovolo por aquí xa que é unha marabilla: