Xa pasou o 28 de xuño e con el o día da celebración do orgullo. Pero ao igual que co 8 de Marzo, os días de loita son todos os días. E labor de todes xerar espazos seguros e inclusivos ala onde desenvolvamos unha actividade. Non so das persoas responsables da actividade, se non tamén de quenes participamos nelas.
A tolerancia cero de cara aqueles comentarios ou actitudes que menosprecien e neguen a realidade das persoas segue a ser imprescindible. Precisamos educar no non as violencias, todas elas, tanto directas como indirectas, físicas coma verbais, explícitas ou de baixo impacto…
As Historical Erupean Martial Arts (HEMA) son un conxunto de artes marciais que teñen como nexo común a súa orixe na europa dos séculos XII a XIX. Son unha amalgama de estilos de diferentes procedencias e de diferentes ferramentas. Alabardas, espadas, machados, escudos, dagas, corpo a corpo… Poucas disciplinas marciais son tan extensas e diversas como as HEMA.
Se hai algún ámbito deportivo que por natureza deba ser inclusivo son as HEMA. Por que as HEMA son inclusivas en si mesmas. Nelas atopamos autores alemáns, italianos, ingleses, portugueses, españois, franceses… e todos eles de diferentes épocas. E mais, estas distincións por nacionalidades moitas veces incluso son incorrectas debido a xeo-política do momento.
Dentro das anécdotas que compoñen o mundo da esgrima que practicamos atopamos unha realidade plagada de historias de mulleres esgrimindo. Mulleres que resultaron victoriosas en duelos de honra. Mulleres que dirixiron exércitos e foron axustizadas polo feito de ser mulleres e ter influencia. Pero tamén temos outras historias.
Temos historias de persoas trans que decidiron esgrimir as armas, e que devido ao seu currículo o proprio rei lle concedeu permiso para vestir roupas masculinas no contexto que ele decidira.
Temos historias de mulleres lesbianas que recorreron a francia enteira esgrimindo e entraron nun convento a punta de espada para rescatar a súa amada.
Temos historias de tumbas de grandes guerreiros vikingos que resultaron ser mulleres enterradas coa panoplia de armas dun lider militar.
Temos a historia de que no primeiro documento histórico do que temos constancia do uso da espada, o I.33, aparece unha muller a cal se lle adxudica unha garda propia e pola cal tamén se lle coñece ao libro como manuscrito Walpurgis.
Hoxe, e todos os días, vivan as HEMA diversas, viva o colectivo LGBT, viva o colectivo feminista e viva a todes e cada unhe de vos guerreires dun mundo mellor.
O deseño da imaxe principal corresponde a unha camiseta diseñada polo compañeiro Diniz da sala Arte do Combate de compostela. Podedes atopar a camiseta para mercar, e moitas outras con outros deseños, aquí.